CRTVG

Buscar

Baiona é o primeiro concello de España en prohibir fumar en todos os areais

Publicado o 15/05/2017 12:58

A proteción dos cativos, a saúde e a limpeza da praia son as causas que motivaron esta decisión. Polo de agora non se vai multar aos que non cumpran a norma

Semella que a prohibición de fumar nas praias de Baiona vai dando os seus froitos porque é moi difícil atopar unha cabicha nos seus areais.

O concello de Baiona non vai multar a quen non respecte a norma que este ano se estende a todos os areais da vila. A maioría da poboació  entende a medida, aínda que a moitos non lles molesta tanto que se fume na praia.

O ano pasado había un areal exento desta prohibición: a praia de Santa Marta, pero o concello de Baiona decidíu este ano ampliar a prohibición a todas as praias incluída esta. Deste xeito Baiona é o primeiro concello de España en prohibir o tabaco en todos os areais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2017