CRTVG

Buscar

Baiona acollerá o Mundial J80 de vela no 2023

Publicado o 02/06/2020 18:42

Esta mañá presentouse en Baiona o mundial J80 de vela que se vai celebrar nas instalacións Monte Real no 2023.

Barcos cunha eslora de oito metros, competicións moi apertadas. O mítico Javier de la Gándara é o mellor regatista desta modalidade en Galicia. Este mundial vaise disputar por primeira vez na nosa comunidade.

Noticias web

02/06/2020