CRTVG

Buscar

Baile para despedir os sanitarios do pavillón ourensán Paco Paz

Publicado o 17/06/2021 13:15

Os puntos de vacinación do pavillón ourensán Paco Paz están hoxe baleiros. Onte os sanitarios vacinaron case dúas mil persoas do grupo de idade entre cincuenta e cincuenta e nove anos. Os sanitarios ourensáns regresan arestora a Expourense para continuar con vacinacións masivas.

Logo de dez días, quixeron despedirse dos traballadores do pavillón Paco Paz aplaudindo a súa colaboración e entregándolles un diploma de recoñecemento pola súa axuda nos momentos máis complicados da campaña. Os monitores deportivos do Paco Paz tíñanlles preparada unha clase de zumba de despedida.

As vacinas axudan a frear a pandemia e a música logra que as próximas xornadas de traballo se encaren con máis alegría.

Noticias web

17/06/2021