CRTVG

Buscar

Badaladas na aldea de Nogueira, en Chantada, en honra aos traballadores que se enfrontan ao coronavirus

Publicado o 29/03/2020 19:06

Nesta aldea de Chantada, as campás baten en homenaxe a todos aqueles que
se enfrontan en primeira liña ao coronavirus. É un xeito de agradecerlles o seu traballo.

Antonio é o encargado de tocar as campás, de facelas soar para que retumben en todo o val porque esta aldea de Nogueira, orgullosa por ter unha das campás máis grandes de Galicia, quere facerse oír contra o coronavirus.

A iniciativa está impulsada pola asociación Capela Sixtina de Nogueira, que sempre que pode presume da súa campá. Sempre solidarios con quen os necesita, o colectivo non esquece tampouco aqueles que finaron como consecuencia desta pandemia.

O son faise notar na loita contra o coronavirus.

Noticias web

29/03/2020