CRTVG

Buscar

'Baby boom' de cordeiros na granxa do Rexo de Allariz

Publicado o 24/01/2019 14:12


180 partos e 250 años en pouco máis de 20 días. É o resultado da a explosión de natalidade de cordeiros que están a vivir por primeirs vez nesta granxa de ovellas Lachas coas que producen o seu queixo no Centro de Educación Ambiental do Rexo en Allariz.

Para conseguir esta extraordinaria concentración de partos realizaran no verán unha sincronización do celo das ovellas. E este ano deu mellores resultados.

E con tantos novos partos estes días medrou moito a produción de leite coa que elaboran o queixo de ovella. E nos próximos días vais haber máis partos e máis años, porque aínda quedan unhas 50 ovellas por parir.

Noticias web

24/01/2019