CRTVG

Buscar

Azúan os cans para que ataquen un tenreiro

Publicado o 30/11/2020 14:13

As imaxes son arrepiantes: dous homes azúan aos cans para que ataquen o tenreiro, que, ao estar atado, non pode fuxir e acaba ferido con numerosas trabadas. Hoxe gandeiros que vían os vídeos non saían do seu asombro.

Noutro vídeo vese como botan o can a un porco e acaba tamén mordéndoo. As imaxes, que circulaban por grupos de WhatsApp chegaron ao móbil dun gandeiro, el puxo os feitos en coñecemento da Asociación Libera, que fixo públicos os vídeos e denunciou o caso.

O Seprona investiga os feitos e agarda dar pronto cos autores destes vídeos, que poderían ser acusados por un delito de maltrato animal.

Noticias web

30/11/2020