Aznar defende unha alianza constitucionalista sen Sánchez
Publicado o 18/11/2019 13:40
Sobre as negociacións de goberno pronunciouse hoxe o ex-presidente Aznar. Pide unha alianza dos partidos constitucionalistas, pero sen Pedro Sánchez.
"O desexable se queremos evitar unha crise do sistema, do réxime constitucional do 78, é unha alianza de partidos constitucionais. Esa alianza non pode estar encabezada por quen está facendo a contraalianza", asegurou o ex-presidente.