CRTVG

Buscar

Aznar insta a Casado a reformar o sistema de pensións

Publicado o 30/09/2021 16:17

O Partido Popular continúa celebrando a súa Convención Nacional, hoxe en Sevilla e co expresidente do Goberno José María Aznar como convidado. Pablo Casado e Aznar acaban de repasar a situación dun país que, din, vive unha crise económica e institucional continua.

Aznar referiuse a Casado como o presidente que ten que sacar España desa situación. O expresidente do Goberno falou tamén das pensións. Dixo que o sistema é insostible e lamenta que cada día escoite unha ocorrencia por parte dos membros do executivo.






 

Noticias web

30/09/2021