CRTVG

Buscar

Isabel Díaz Ayuso promete o cargo de presidenta da Comunidade de Madrid

Publicado o 19/08/2019 18:19

Isabel Díaz Ayuso prometeu o cargo este mediodía na Real Casa de Correos, sede do Goberno madrileño. Arroupada polo líder e altos cargos do partido, volveu defender o seu programa de goberno.

Esta é a primeira vez que unha coalición goberna a comunidade. Das trece consellerías, o PP faise cargo de sete e Ciudadanos de seis, con Ignacio Aguado como vicepresidente.


Para o presidente do Partido Popular, Madrid é o exemplo do que poderían facer en caso de gañaren unhas eleccións xerais. Por iso, volveu ofrecerlle a Ciudadanos a coalición España Suma.

Ao acto asistiron presidentes doutras comunidades gobernadas polo PP e tamén ex-presidentes madrileños como Esperanza Aguirre. É a súa primeira aparición despois de que a fiscalía pedira a súa imputación pola trama Púnica. Da oposición, acudiron o PSOE e Vox, pero non Podemos nin Íñigo Errejón de Más Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019