Ayuso solicítalle a Bruxelas o establecemento de controis nos aeroportos europeos
Publicado o 16/10/2020 15:39
A presidenta da Comunidade de Madrid leva meses pedíndolle ao Goberno central controis no aeroporto de Baraxas.
Hoxe deu un paso máis e remitiu unha carta á presidenta da Comisión Europea para solicitarlle o establecemento de controis en todos os aeroportos europeos.
Díaz Ayuso di que o fai desde o convencementos de que o virus entrou en España a través de Baraxas. Agora reclama protocolos homoxéneos en toda Europa.