CRTVG

Buscar

Ayuso e Aragonés cruzan reproches polos impostos

Publicado o 27/11/2020 20:10

Isabel Díaz Ayuso cre que Esquerra non quere beneficiar os cataláns, senón prexudicar os madrileños coa súa proposta de harmonizar impostos en España. Veo como un ataque desmesurado á súa comunidade do que se defenderán, advirte, con unllas e dentes. Desde Barcelona, respondía así ás acusacións de paraíso fiscal: "nisto Rufián tiña razón en parte. Madrid é un paraíso, pero de liberdade e de respecto aos cidadáns e non de imposición política".

Tamén Pablo Casado se preguntaba como pode ser que unha forza independentista e outra federal, o PSOE, lancen unha proposta contra a capacidade de decisión das autonomías: "a harmonización fiscal é ilegal e inconstitucional en España. En Madrid non hai un paraíso fiscal, pero si que hai un modelo alternativo ao inferno fiscal en que converteron Cataluña os independentistas e que agora Sánchez quere estender a toda España".

O presidente en funcións da Generalitat, Pere Aragonés, insistía este venres en que Madrid fai competencia deseal e aseguraba que coa súa proposta só pretende que os ricos paguen impostos.
 

Noticias web

27/11/2020