CRTVG

Buscar

Ayuso acusa o Goberno de pechar Madrid "a punta de pistola"

Publicado o 15/10/2020 21:38

O ministro de Sanidade informou ao Congreso sobre a declaración do estado de alarma na Comunidade de Madrid. Salvador Illa defendeu a decisión e definiu a situación de Madrid como preocupante. O ministro insistiu en que o Goberno unicamente se move por criterios de saúde pública. Algo que non comparte o Goberno rexional, que acusa o executivo central de impoñer as restricións.

"A única opción que nos daba o Goberno de España era impoñer unhas medidas que non estaban consensuadas. Era ou pechar eu a cidade de Madrid, cando non estou de acordo en facelo de maneira perimetral, ou facelo o Goberno e, ademais, a punta de pistola porque ao mesmo tempo que mo comunicaban xa estaban publicando o estado de alarma nos medios de comunicación", di Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid.

"A saúde pública é o único que nos importa, como á inmesa maioría de cidadáns. Por iso hai que actuar en clave sanitaria. O adversario común a nós é o virus e a unidade é o que nos fai fortes fronte a el. Non é tempo de provocacións nin divisións", afirma Salvador Illa, ministro de Sanidade.

Noticias web

15/10/2020