CRTVG

Buscar

Ayuso acusa a Sánchez de querer "destrozar" Madrid coa descentralización

Publicado o 12/10/2021 08:51

Ábrese un novo enfrontamento entre o Goberno e a presidenta madrileña pola proposta de Sánchez de sacar algunhas institucións do Estado fóra da capital. Ayuso acusa ao Presidente de fomentar o odio a Madrid. Ve a proposta como unha agresión e promete facerlle fronte.

Respondeulle a ministra Portavoz do Goberno. Di que sacar algunhas institucións a outras comunidades non supón perder a capitalidade. E acusa a Ayuso de buscar continuamente a confrontación co Goberno.

Noticias web

12/10/2021