CRTVG

Buscar

Axudas de ata 8.000 euros para os emigrantes que retornen a Galicia e monten o seu propio negocio

Publicado o 13/08/2017 14:15

O prazo para solicitar estas subvencións a emprendedores retornados está aberto ata o próximo 29 de setembro

A Xunta concederá axudas ata 8.000 euros para aqueles emigrantes que decidan regresar a Galicia e montar o seu propio negocio. O prazo para solicitar estas subvencións a emprendedores retornados está aberto ata o próximo 29 de setembro.

En anos anteriores, esta liña de axudas, que depende da Secretaría Xeral de Emigración, axudou a crear medio cento de novas empresas. Trátase dunha fonte de financiamento complementaria e compatible coas axudas doutros departamentos autonómicos e doutras institucións públicas e privadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017