CRTVG

Buscar

Axentes forestais reciben formación sobre o uso de drons na loita contra o lume

Publicado o 13/08/2019 14:56

Son algúns dos axentes forestais que integran o dispositivo especial de loita contra o lume, posto en marcha pola Xunta con motivo do período de alto risco de incendios. Na base helitransportada de Silleda reciben formación sobre o manexo dos drons. Unha tecnoloxía que permite melloras nas tarefas de vixilancia e detección, así como no apoio á extinción e na investigación dos incendios.

Tomás Fernández Couto, Dir. xeral de Defensa do Monte, explica que a partir de agora cando os galegos vexan un destes dros, deben saber que poden estar observando zonas que non cumpren a normativa de limpeza de montes, ou detectando unha infracción.

Estas naves non tripuladas incorporan cámaras de vídeo e térmicas, polo que son útiles tamén durante a noite. Ademais aumentan a seguridade dos brigadistas e da poboación, tal e como explica o axente forestal Xaquín Rodríguez.

Actualmente en Galicia hai 8 drons actuando nos montes galegos, 2 por cada provincia, algúns deles en fase de probas. Máis de 7.000 persoas están implicadas, segundo Medio Rural, no operativo especial contra os incendios forestais, que se prolongará polo menos ata o 30 de setembro. O número anónimo de denuncia de incendiarios é o 900 815 085.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019