Axentes estadounidenses rescatan dous menores hondureños abandonados nunha illa do río Grande

A migración de hondureños cara aos Estados Unidos tráenos hoxe a imaxe do rescate de dous menores. Estaban sós nunha illa no río Grande rodeada de fortes correntes ata que os avistou unha patrulla fronteiriza estadounidense desde a súa embarcación e se achegou a eles para rescatalos.
Un, de 13 anos, contou que ía no tren coa súa familia e cando as autoridades mexicanas abordaron o comboio el quedou separado do resto e continuou só a viaxe. O outro, de sete anos, dixo que quedara durmido canda súa nai onda un río en México e que cando espertou ela xa non estaba alí.
Os dous acabaron, non saben explicar como, na metade do río Grande. A detención de menores migrantes que cruzan a fronteira entre México e os Estados Unidos vai en aumento nos últimos meses.