CRTVG

Buscar

Axentes da Policía Científica de Madrid súmanse á investigación do asasinato do propietario dun bar de Ourense

Publicado o 07/02/2020 14:30

A Policía Nacional busca o autor ou autores da morte de Evaristo Morín, o home que o martes á noite apareceu acoitelado e con golpes na cabeza, no interior do seu bar, na zona vella de Ourense.

Á Unidade de Delicuencia Especializada e Violenta de Ourense sumáronse axentes da Policía Científica de Madrid. Malia que o xuíz decretou o segredo de sumario, transcendeu que a vítima, localizada por uns clientes sorprendidos porque non abrira o bar en todo o día, presentaba feridas por arma branca no pescozo.

O falecido, duns 65 anos, tiña antecedentes por tráfico de drogas e outros delitos.

Noticias web

07/02/2020