CRTVG

Buscar

Axentes antidisturbios relatan agresións ante a pasividade dos Mossos o 1-O

Publicado o 16/04/2019 14:12

No xuízo polo 'procés', hoxe declaran unha vintena de axentes antidisturbio da Policía Nacional que o un de outubro acudiron a diversos colexios cataláns para requisar urnas e distinto material. Relataron os insultos e as agresións que recibiron da xente alí congregada ante a actitude pasiva dos Mossos d'Esquadra.

"Estaban alí mirando, poñíanse de pé, observaban pero non facían nada", declarou un dos axentes.

Outro relatou como "un señor que estaba preto deume unha puñada no rostro que me fixo caer ao chan e despois na man dereita recibo unha pisada".

Noticias web

16/04/2019