Zigzag Diario
Axenda do 'Zigzag'
Fisterra, a partir das 19.30 h.
Festival Blues Experience
Varios espazos de Fisterra acollen desde hoxe e ata o domingo o festival Blues Experience que chega á súa segunda edición cargado cun amplo programa dos mellores solistas e grupos que desenvolven ritmos de blues. A praza da Constitución acolle hoxe os concertos centrais, coma o de The Lákazans. Previamente tocará Chris Kramaer e antes Wax and Boogie. Trátase dun evento que mestura paisaxe, patrimonio, gastronomía e música con actividades para toda a familia.
Master Club, Vigo, 22.00 h.
Concerto de Freedonia
A banda madriñeña Freedonia continúa a súa xira despois do lanzamento do seu terceiro traballo discográfico Shenobi, un álbum dobre con 20 temas e un fio condutor: a liberdade da muller. O disco reflicte os sinais de identidad desta banda, está gravado en analóxico para conseguir un son orgánico, crú único. Hoxe tócano no Master Club de Vigo e maná no Playa Club.
Teatro Jofre de Ferrol, 21.00 h.
Concerto de 'La habitación roja'
O Teatro Jofre de Ferrol acolle hoxe, a partir das nove, a esperada actuación do grupo valenciano de pop rock indie 'La Habitación Roja'. Presenta un espectáculo acústico no que percorren o seu último disco, 'Memoria', co que celebran 20 anos de traxectoria.
Sala Mardi Gras, A Coruña, 22.30 h.
Concerto de Los Árboles
E na Sala Mardi Gras da Coruña concerto do grupo galego Los Árboles a partir das dez e media da noite. Acaban de publicar 'Ensayo y error', o seu primeiro longa duración con 10 temas moi autobiográficos. Laberintos emocionais con coros, pop e ritmos moi accesibles.