Zigzag Diario
Axenda do 'Zigzag'
Centro Galego de Arte Contemporánea
Colección CGAC 25
Xa se pode ver no Centro Galego de Arte Contemporánea a exposición coa que conmemoran o seu 25 aniversario. Nela contextualizan a arte en Galicia en dúas seccións: na primeira reflíctese a produción dos anos cincuenta a sesenta e na segunda ocúpanse do ámbito internacional da colección, que a partir dos anos 90 está moi vinculada a programación expositiva temporal. Tamén se lle dá un espazo neste aniversario ao propio edificio, obra do arquitecto portugués Álvaro Siza.
La Casa de Arriba, Vigo, 22:00 e 23:30 h.
Concerto de Steel Sheep
Steel Sheep é un trio de folk progresivo formado no 2015 en Amsterdam, polo violinista esloveno Bela Horvath violín, polo guitarrista galego Virxilio da Silva, e polo contrabaixo norteamericano Matt Adomeit. Hoxe tocan na Casa de Arriba de Vigo. A banda utiliza a música celta e o bluegrass norteamericano como base para un repertorio totalmente orixinal no que a improvisación ten un papel fundamental.
Teatro Colón, A Coruña, 20:30 h.
Pop-Revisited
Pop-Revisited é un espectáculo de músicos clásicos que interpretan rock e pop. Hoxe chega ao Teatro Colón da Coruña. Reflicte a visión de compositores clásicos contemporáneos como J. Corigliano, M. Daugherty ou Javier L. de Guereña sobre as figuras emblemáticas da cultura pop e rock, como Elvis Presley, Siniestro Total ou Bob Dylan.
Sala Mardi Gras, A Coruña, 21:45 h.
Concerto Carla Green & Exit
Continúa o Festival Elas Son Artistas na Coruña, un certame dedicado a música e a arte pola igualdade. Entre as propostas para hoxe, está un concerto de Carla Green na sala Mardi Gras. Fará un concierto especializado na música soul dos anos sesenta e setenta. Carla Green ofrece un espectáculo de raíz negra americana para transportar o espectador a aqueles anos.