CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Axenda do 'Zigzag'

Publicado o 18/05/2018 17:19

Día Internacional dos Museos
Portas abertas en galerías e museos

Este Día Internacional dos Museos celébrase cunha morea de actividades, visitas guiadas e xornadas de portas abertas na maioría dos centros expositivos de todo o país. Por exemplo, a Casa Museo Emilia Pardo Bazán da Coruña ten programado microteatro, danza, obradoiros e mesmo unha intervención audiovisual ata a medianoite. E na Casa da Troia de Santiago organizan un roteiro troiano no que actores caracterizados como os personaxes da novela de Pérez Lugín que leva o mesmo nombre, percorrerán a partir das oito e media as rúas de Compostela ata o Museo recreando a vida da cidade a principios do século XX.


Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 21:00 h.
Concerto de Nastasia Zürcher Trío

Mentres no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense engaden á música as actividades desta xornada. As nove da noite está previsto un concerto do trío da cantante galego suiza Nastasia Zürcher no claustro deste edificio histórico situado na praza maior da cidade.

Auditorio Municipal de Vigo, 20:30 h.
Ópera-ballet 'Les Indes Galantes'

A Orquestra Barroca Vigo 430 ofrece hoxe a partir das oito e media do serán un programa especial acompañado de danzas e vestiario do século XVIII. José Manuel Navarro dirixirá á orquestra interpretando 'Les Indes Galantes', coa que amosrán o público como eran as danzas que acompañaban á música barroca que se interpretaba na corte de Luis XV, grazas ao traballo de investigación que desenvolven os bailaríns e bailarinas do Ensemble Portingaloise.

Sala Sónar de Santiago, 22.30 h.
Manuel Manquiña e The Fabolous Weekends

A Sala Sónar de Santiago acolle esta noite o proxecto musical do actor e humorista Manuel Manquiña, que se rodea de un espectacular elenco de musicos, The Fabolous Weekends, para dar renda solta á súa creatividade enriba dun escenario. Actuarán a partir das dez e media da noite.

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Santiago, 21.00 h.
Espectáculo 'Hija de la luna'

Tributo a unha das bandas máis importantes do pop español: Mecano esta noite no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Protagonizado por Robin Torres, desenvólvese un espectáculo que traslada o público por unha noite a un dos concertos multitudinarios do famoso grupo, en que milleiros de persoas cantaban cada unha das súas cancións.

Zigzag Diario

18/05/2018