CRTVG

Buscar

Axenda de festas para esta fin de semana solleira en Galicia

Publicado o 11/05/2019 12:13


Sigüeiro, en Oroso, celebra esta fin de semana a XXIII Festa da Troita. Os asistentes poden gozar do Campionato de Pesca en modalidade adulta e infantil e a degustación deste produto. É festa de Galicia de Interese Turístico.

En Vigo apostan para o sábado polos vehículos clásicos, un evento que xa chega á súa décima edición, organizado pola Escudería Clásicos Vigo. Os participantes van percorrer 225 quilómetros por estradas abertas ao tráfico con saída ás 11 da mañá do Porto.

Tamén hai cita en Carral cun dos produtos máis prezados da gastronomía galega: o pan. O sábado e o domingo réndenlle homenaxe con actos programados para a ocasión, e tampouco hai que perder de vista compralo na Feira Medieval ou nas panaderías da vila, que se preparan para dous días intensos.

E de sobremesa, a Festa do Melindre de Melide, un evento moi popular entre os amantes da gastronomía. Aínda que é coñecida por ese nome, tamén inclúe outras variedades, como o rico e o amendoado. É un dos manxares da repostería típica e tradicional de Melide e da comarca. É festa de Galicia de Interese Turístico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019