CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Avós e nenos comparten horto escolar en Vigo

Publicado o 31/01/2018 14:29

Os rapaces dunha escola de Vigo fixeron o seu propio horto no colexio, e quen pensan que lles axudou...? Os seus avós, claro. Eles aportan a súa experiencia no campo e apréndenlles aos cativos a preparar a terra e a usar as ferramentas. Xa teñen repolos, allos, verzas e patacas.




O traballo no horto resulta máis sinxelo se seguimos o consello dos expertos. Para iso están os avós do colexio do Paraixal de Vigo que quixeron sumarse ao proxecto da creación dun horto nas instalacións do centro.

INSERTO AVÓS

Baixo as directrices dos seus avós, plantan pataca, verza, repolo e allos. Eles achegan a experiencia e ensinan aos cativos a preparar a terra e utilizar as ferramentas.

INSERTOS ALUMNOS

INSERTO ANXO BLAS GONZÁLEZ

Profesores, alumnos e avós participan con moita ilusión neste proxecto e xa están pensando no horto de primavera, no que haberá tomates e pementos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí