CRTVG

Buscar

"A credibilidade desta persoa (o Chicle) para a acusación non é moita"

Publicado o 28/10/2019 10:37

O avogado da familia de Diana Quer, Ricardo Pérez Lama, explicou antes de entrar nos xulgados composteláns que non teme a repercusión pública que poida ter o xuízo.

"O dereito á información prevalece, os xuízos son a partir da fase de instrución e son xuízos públicos, e os que son así son mediáticos", asegurou.

Respecto á declaración dos forenses, que parece fundamental neste caso, dixo que "cando chegue ese momento verase. Evidentemente, será unha proba importante", pero non a única sobre a que baseará a súa solicitude de prisión permanente revisable, "será en moitísimas máis cousas que iso".

E sobre a posibilidade de que José Enrique Abuín, o Chicle, pida perdón durante a vista, como xa ocorreu nalgún xuízo anterior contra el dixo que "obviamente, mañá, cando teña que dicir as alegacións iniciais, verán que a credibilidade desta persoa para esta acusación non é moita".

 

Noticias web

28/10/2019