CRTVG

Buscar

Avistan e gravan un tiburón peregrino na ría de Vigo

Publicado o 20/04/2020 20:11

Verónica e o seu marido estaban coas nasas do polbo cando avistaron algo na auga. Pensaban que serían un delfíns, como os que adoitan atoparse dende hai unhas semanas, ata que se decataron de que era un tiburón peregrino.

Avistárono moi preto de terra, eles estaban en Cabo Estai, na ría de Vigo. Era a primeira vez que se atopaban con un e máis desas dimensións. En vez de asustarse e marchar, quedaron alí gravando o escualo.

Aínda que non é moi frecuente avistalos e igual que pasa coas andoriñas, os tiburóns peregrinos indican que xa chegou a primavera.

Noticias web

20/04/2020