Avistada un exemplar de balea azul en augas de Fisterra
O Instituto Internacional de investigación de Golfiños acaba de avistar un exemplar de balea azul en augas de Fisterra. Especie que se cría practicamente extinguida. Pois nas nosas augas hai un exemplar novo de 18 metros de lonxitude e de só ano e medio.
Os avistamentos de baleas azuis que se produciron na costa galega a finais do verán e no outono do pasado ano non foron unha casualidade. Nos últimos días, o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares rexistrou imaxes da presenza do animal máis grande do planeta en augas de Fisterra.
Esta nova descuberta confirma o regreso das baleas azuis a Galicia, despois de décadas de ausencia, e semella que comezan a empregar as augas galegas próximas á costa como un territorio frecuente de alimentación.
A balea está xa identificada e enviáronse os datos ao catálogo internacional de presenza de baleas azuis no Atlántico. Polo de agora non a coñecían en ningún país. É a primeira vez que se observa.
Os avistamentos cada vez máis frecuentes poden indicar a recuperación das rutas de migración destes animais, que foran desaparecendo por mor da sobrepesca realizada no Atlántico durante séculos e que deixou a balea azul ao bordo da extinción. Galicia constitúe un corredor natural nas migracións das baleas en época de apareamento.
As augas galegas son importantes para a supervivencia destes xigantes do mar.