CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Avistada outra balea azul nas inmediacións das Ons

Publicado o 21/09/2017 14:32

Hai outra balea azul polas augas galegas. Esta avistárona a 11 millas das Illas Ons.

Ia canda a outros exemplares de balea común, e vírona onte, durante unha das observacións que fan os membros do Instituto para o Estudo dos arroaces. Tras o avistamento, no instituto confirman a presenza desta especie en augas galegas, tal e como se sospeitaba tras ver as gravacións dun exemplar, hai pouco, na ría de Muros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí