CRTVG

Buscar

Avisos no mar por ondas de máis de cinco metros de altura

Publicado o 08/11/2019 14:28

O mar bate con forza. Arestora hai un aviso laranxa por mar combinado desde a Costa da Morte ata Ribadeo, con ondas por riba dos 5 metros de altura, pero contra as oito da tarde baixará a amarelo. Nas Rías Baixas tamén hai un aviso, ata as oito da tarde, pero é amarelo. Unha situación que obrigou a boa parte da frota a permanecer amarrada a porto, como esta de Sada.

O peor foi de madrugada. Na zona da Estaca de Bares, a media das ondas máis elevadas moveuse arredor dos 8 metros de altura.

Mañá, sábado, haberá unha pequena tregua, pero o domingo volverá activarse un aviso laranxa en boa parte da costa galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019