CRTVG

Buscar

As nevaradas complican o tráfico na autovía A-52 entre A Gudiña e A Mezquita

Publicado o 09/01/2018 10:50

Segundo a DXT, unha intensa nevarada está a dificultar o tráfico na autovía A-52 en ambos os dous sentidos. Os principais problemas están entre A Gudiña e A Mezquita.

A  partir das 11.30 horas reabriuse a circulación da autovía, que desde as 09.30 hora estaba en alerta vermella e permanecía pechada en ambos os dous sentidos. Tráfico mantén a prohibición de circular neste treito para camións e vehículos articulados e é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno en turismos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2018