Aviso por vento na Coruña e na Mariña
Publicado o 26/03/2019 20:12
As condicións meteorolóxicas destes días dificultan a extinción dos incendios. A Xunta activou para este martes a alerta laranxa por vento na provincia da Coruña. Un temporal costeiro déixanos dende esta mañá ventos de ata 70 km por hora. Durante a noite, o temporal irase estendendo á Mariña lucense. E mañá remitirá por completo.
Dende o 112 recomendan non achegarse a diques, rompentes, paseos marítimos ou calquera lugar que poida ser varrido polo mar. Hai que ser prudente tamén nas zonas afectadas por incendios. O vento fai que o lume avance a gran velocidade e pode reavivar focos que se daban por extinguidos.