CRTVG

Buscar

Aviso por trebóns na metade sur de Galicia

Publicado o 13/07/2019 13:43

A xornada estará caracterizada pola inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas.
Con esta situación, agárdanse intervalos nubosos, con chuvias tormentosas pola tarde, acompañadas de aparello eléctrico e ocasionalmente de saraibada, que poden ser localmente fortes. As temperaturas mínimas experimentan un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sofren un descenso, mási acusado na metade sur.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019