Aviso laranxa por temporal no mar na costa da Coruña e Pontevedra
Publicado o 06/04/2019 14:35
Podería pasar por un día calquera do inverno, Vai frío, chove de forma persistente e hai temporal no mar. Ondas de ata seis metros de altura manteñen activo un aviso laranxa no litoral da Coruña e de Pontevedra. Tamén se deixou sentir o vento, que soprou do noroeste con forza sete.
Os termómetros apenas rozaron os dez graos na Coruña e pouco máis subiron no litoral pontevedrés. O día deixa mar revolto, temperaturas máximas baixas para o agardado nesta época do ano e chuvia intensa e persistente. Ningún destes factores amedrentou os asiduos do paseo marítimo. Roupa de inverno para unha primavera borrascosa.
A chuvia seguirá acompañándonos. O temporal no mar irá remitindo ao longo do día.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
12/12/2019 23:39