CRTVG

Buscar

Aviso laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Publicado o 15/02/2020 15:01

Temos unha fin de semana de invernía... con temporal e varios avisos activos. Está activado un aviso laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego, un fenómeno adverso que xa comezou de madrugada. O aviso por mar de fondo con ondas de ata sete metros mantense activo ata as tres da tarde, cando pasará a amarelo.

Non van faltar os refachos. Tamén hai aviso amarelo por ventos do sur, de forza 7, no noroeste da Coruña e na Costa da Morte. Unha vez máis pídese extremar as medidas de seguridade e non achegarse á liña de costa para evitar un golpe de mar.
 

Noticias web

15/02/2020