CRTVG

Buscar

Aviso laranxa por temporal costeiro con ondas de ata 7 metros de altura

Publicado o 25/04/2019 20:23

A costa galega está hoxe en alerta laranxa por ondas e vento. A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisou xa nas últimas horas de risco importante en todo o litoral tanto polo tamaño das ondas como pola velocidade do vendo. En Pontevedra, Coruña e Lugo agárdanse ondas de ata 7 metros de altura. E o vento poderá ser de ata forza 8. Isto son uns 70 km a hora. 

A alerta por temporal costeiro esténdese a todo o norte da península. Respecto ás temperaturas, dicir que baixan en todo o Cantábrico e que soben na vertente atlántica. A cota de neve estará na nosa comunidade por riba dos mil metros.

Treboadas, moita chuvia e pedrazo na provincia de Pontevedra, nunha xornada que rematou con toda a costa galega baixo aviso laranxa por fenómenos costeiros. O xoves arrancou coa costa atlántica sucada por ondas de entre cinco e seis metros de altura

Menos optimismo amosaban os profesionais do mar. A situación levou a amarrar a frota nas provincias de Pontevedra e da Coruña.

E precisamente iso é o que non vai faltar o venres. A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou para mañá a alerta laranxa nas provincias da Coruña, lugo e Pontevedra por ondas de ata 7 metros, e forte vento que podería ser de forza 8 nalgúns momentos na Mariña lucense.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019