CRTVG

Buscar

A frota de baixura permanece amarrada polo aviso laranxa en todo o litoral galego

Publicado o 03/01/2018 20:43

O mal tempo recruou hoxe no mar. Segue activado ata as nove da mañá de mañá xoves un aviso laranxa por ondas en todo o litoral.

Esta tarde rexistrárose ondas de ata 7 metros en moitos puntos da costa coruñesa, como Corrubedo, moi preto de aquí, no concello de Ribeira. Practicamente a totalidade da frota de baixura non traballou. Son xa varios días de parón e aos mariñeiros comezan a pesarlles as perdas económicas de ter que deixar os barcos no porto. A situación é moi semellante nas provincias de Lugo e Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018