CRTVG

Buscar

Aviso laranxa por mar de fondo no litoral coruñés

Publicado o 09/02/2020 14:54

A néboa agochaba un mar que comezaba a tornarse bravo en Fisterra. Ao mediodía activouse o aviso laranxa en toda a costa coruñesa. A previsión anunciaba mar de fondo do noroeste, con ondas de seis metros e ventos de forza sete. "O mar está bastante malo, hai vento, hai ondas... hai de todo. Está facendo un inverno malísimo, con moita chuvia e moito vento. A ver se acaba dunha vez", conta un mariñeiro fisterrán.

A frota está amarrada e seguirá así polo menos un día máis. O sector pesqueiro sofre de forma directa as consecuencias dun inverno especialmente duro. "Leva tres meses así e non para. Para os mariñeiros esto é un desastre". "Con mal tempo os mariñeiros non van ao mar e non hai ganancias. Ese é o problema. Aquí non hai indemnizacións."

O vento remitirá nas próximas horas, pero mañá o aviso laranxa por temporal no mar estenderase a toda a costa galega.

Noticias web

09/02/2020