CRTVG

Buscar

O día de máis calor do verán pon Ourense en alerta laranxa

Publicado o 12/07/2019 22:12

• As temperaturas máximas onte xa foron de 39 graos en Leiro e A Arnoia e 38 na cidade das Burgas

Ante un golpe de calor hai que acudir ao médico urxentemente

Tardou en chegar este verán a abafante calor, que é un cláisco estival de Ourense, pero chegou e ben. As temperaturas máximas onte xa foron de 39 graos en Leiro e A Arnoia e 38 na cidade das Burgas.

Con estas altas temperaturas, Meteogalicia decretou hoxe aviso laranxa na bacía do Miño por máximas que poden acadar os 40 graos. No sur da provincia de Ourense, no litoral e no Miño de Pontevedra e no sur de Lugo o aviso é amarelo.

Durmir esta noite tornouse complicado, houbo mínimas nas Neves e en Vigo Campus que superaron os 23 graos e en zonas de montaña como Entrimo ou Manzaneda acadaron os 18 graos. Os case 30 graos en Ourense á tardiña animaban a saír tomar uns viños e uns petiscos.

Pero, ollo, calor si, pero pode estragarse mañá o día de praia. En só unha hora mañá á tarde as acumulacións de auga poden ser superiores aos 15 litros.

Noticias web

12/07/2019