CRTVG

Buscar

Aviso laranxa no mar e amarelo en terra da Coruña, Lugo e Pontevedra por chuvia e vento

Publicado o 14/12/2019 11:05

O temporal remite en terra, pero continúa o aviso no mar

• As borrascas continuarán nos próximos días

 

A fin de semana volve estar marcada pola chuvia. Unha nova fronte deixará outra xornada de precipitacións con aviso laranxa no mar da Coruña e Lugo e amarelo en terra, por auga e vento. Pontevedra está en aviso amarelo tamén por vento, con refachos de 70 quilómetros por hora.

A auga acumulada en moitas zonas fai que o 112 manteña activo o Plan Especial nunha ducia de ríos por risco de asolagamento. Coma este do río Parga, que rebordou nas últimas horas. Na estrada que une Parga e Mariz, dúas persoas tiveron que ser rescatadas onte do seu coche debido á enchente.

As fortes chuvias provocaron tamén derrubamentos en casas abandonadas de Betanzos e Sanxenxo e nos restos da torre medieval dos Montenegro en Pontevedra. As borrascas continuarán nos próximos días.

Noticias web

14/12/2019