Aviso laranxa no litoral galego por ondas que poden superar os seis metros
Publicado o 15/12/2019 21:47
• Cae unha parte do muro do parque de Oza, na Coruña | A chuvia e a preamar anegan negocios e garaxes en Pontevedra | Prados asolagados por ríos na Terra Chá
Todo o litoral está en aviso laranxa por mar de fondo do noroeste, con ondas que poden superar os seis metros.
Un aviso que se vai manter ata mañá ás tres da tarde. A partir de aí mellorará minimamente a situación do mar, pero a previsión di que vai volver empeorar a partir do mércores, con forte vento e moito mar.