CRTVG

Buscar

Aviso laranxa na costa galega por ondas que superan os sete metros

Publicado o 04/03/2019 16:58

Os mariñeiros de Muxía aproveitan a xornada para facer traballos en terra. Hoxe non puideron saír ao mar por mor do temporal costeiro. Porén, levan xa varios días amarrados a porto.

Contan con que o estado do mar vaia a peor co paso das horas. Por iso, moitos destes barcos van ir buscar refuxio ao porto de Camariñas. 

Daniel Castro, patrón maior da Confraría de Muxía"Alí están máis resgardados. Aquí rompe todo...".

Porque hai un aviso laranxa en todo o litoral galego por ondas que poden chegar aos sete metros de altura. Malia todo, houbos barcos como os da Mariña lucense ou os das Rías Baixas que si se atreveron a ir ao mar. Porque segundo os mariñeiros a situación parece que non vai mellorar. 

O aviso laranxa que hai nestes momentos quedará desactivado na provincia da Coruña contra as nove da noite. Nas Rías Baixas e na costa de Lugo un chisco antes.

Noticias web

04/03/2019