CRTVG

Buscar

Aviso laranxa e ondas de máis de cinco metros para o litoral noroeste de Galicia

Publicado o 27/01/2020 21:20

Tras varias xornadas de anticiclón, volve a borrasca. Os cambios que se están a producir na atmosfera afectan sobre todo o mar, especialmente a costa noroeste da comunidade, onde xa está activado o aviso laranxa para as xornadas de hoxe e mañá.

As ondas superan os cinco metros nalgúns puntos do noroeste coruñés, polo que os traballadores do mar terán que facer unha nova parada na súa actividade.

No resto do litoral galego, están activados avisos amarelos, pois prevese que as ondas non sobrepasen os cinco metros de altura. En terra, a xornada de hoxe será máis tranquila, con ceo gris e algunha chuvia feble, así como algo de vento.

Porén, mañá unha nova borrasca deixará tamén avisos por vento e chuvia tamén no interior. En canto ás temperaturas, oscilarase entre os 10 e 15 graos de máxima en toda a comunidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020