CRTVG

Buscar

Aviso laranxa en todo o litoral galego por ondas de oito metros

Publicado o 16/02/2020 13:55

O aviso laranxa está activo en toda a costa de Galicia. As ondas alcanzan os oito metros e o vento sopra con moita forza do suroeste, especialmente no litoral da Coruña, con ondas de oito metros. A situación é mala no mar e non é moito mellor en terra por mor do aire. En moitos puntos da provincia da Coruña o vento superou os cen quilómetros por hora. En Galicia, o refacho máximo rexistrouse no alto do Penedo do Galo, en Viveiro: cento sesenta e sete quilómetros por hora.

O vento calmará nas próximas horas, pero os efectos da borrasca Dennis manterán activo o aviso laranxa por mar de fondo ata o próximo martes.

Noticias web

16/02/2020