CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por treboadas nas provincias de Ourense e Lugo

Publicado o 17/09/2019 16:06

O aviso amarelo por forte chuvia e treboadas continúa activo este martes, pero non en toda Galicia. As zonas afectadas son toda a provincia de Ourense e boa parte da de Lugo: o centro, a montaña e o sur. Só queda fóra do aviso amarelo A Mariña. Segundo as previsións, o mércores só continuará o risco por chuvia e treboadas na parte suroriental da provincia de Lugo.

Noticias web

17/09/2019