CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por temporal no mar na Coruña

Publicado o 16/11/2019 14:22

O azul asoma nun ceo no que aínda predomina o gris. A carón do santuario da Barca as cintas da policía local lembran os perigos potenciais desta costa, pero o mar mostra hoxe unha faciana menos brava ca os días anteriores. En Muxía o aviso de nivel amarelo deixou ondas de catro metros, unha imaxe fermosa que retratan os turistas e que son o preludio dunhas horas de calma relativa logo de dúas semanas ruíns para o sector pesqueiro. "Máis de quince días levamos sen facer nada, aguantando". "Este é un mes malo, pero aínda quedan xaneiro e febreiro, que tamén adoitan ser malos. Mal tempo e pouco peixe", comentan algúns mariñeiros.

No porto, algúns barcos prepáranse para saír mañá e o luns, aproveitando unha tregua no mar que será breve. "O luns dan bastante bo, o martes xa se complica por mor do vento do suroeste e o mércores xa nada, xa sobe o mar outra vez a cinco metros". "O martes e o mércores xa dan mal tempo e despois dependerá do vento. En prinicipio o luns imos".

Despois de moitos días, agora mesmo non hai activado ningún aviso meteorolóxico.

Noticias web

16/11/2019