CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por chuvia abundante en Pontevedra e Ourense en pleno maio

Publicado o 09/05/2019 20:52

A provincia de Pontevedra e o oeste e máis o suroeste da de Coruña está en aviso amarelo por acumulación de chuvia. A comarca do Xallas é unha das zonas onde está acitvo ese aviso amarelo por chuvia. Aquí, en Santa Comba, polo momento recolléronse 28 litros por metro cadrado. Pero xa hai rexistros por riba. Na Coruña e nalgúns puntos da Terra Chá levan acumulados máis de trinta litros por metro cadrado.

Este aviso amarelo desactivarase ás doce da noite. Con todo seguirá chovendo toda a madrugada. A fronte está arestora atravesando Galicia de oeste a leste e está a facelo lentamente. Mañá, a situación mellorará a medida que pase o día, pero será unha xornada con moita humidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019