CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por calor na bacía do Miño e en Valdeorras

Publicado o 20/07/2020 21:12

Baixaron un chisco as temperaturas, pero non en todas partes da comunidade, de feito hai aínda aviso amarelo por altas temperaturas no sur de Pontevedra e en Ourense Na bacía do Miño, na fronteira entre Pontevedra e Portugal o termómetro acadará os 34 graos de máxima, e ao longo do leito fluvial cara á provincia de Ourense sobre ata os 36 graos. Hai tamén activado aviso amarelo na comarca de Valdeorras onde chegarán tamén aos 36 graos de máxima. Mañá soben as temperaturas e o aviso amarelo amplíase tanto en Pontevedra como en Ourense e esténdese ao litoral da Costa da Morte.
 

Noticias web

20/07/2020