CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por altas temperaturas no val do Miño

Publicado o 11/07/2019 14:31

Chegou por fin o tempo de verán, con temperaturas por riba dos 30 graos nas Rías Baixas e máximas de 37 previstas para esta tarde en Ourense. Hoxe hai aviso amarelo, por altas temperaturas, no val do Miño. Ao longo da tarde irá aumentando a sensación de calor E mañá, máis. Superaremos os 30 graos practicamente en toda Galicia, con alerta amarela na metade sur e laranxa, pola tarde, en Ourense e o Ribeiro. Haberá que buscar a forma de refrescarse.

De cara á fin de semana seguiremos tendo calor, pero a previsión indica que o sábado volverá a inestabilidade. Podería haber mesmo chubascos treboentos nalgunhas zonas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019