CRTVG

Buscar

Aviso amarelo no mar con ondas de cinco metros na Coruña e Pontevedra

Publicado o 02/03/2019 14:26

Este sábado de Entroido preséntase con aviso amarelo no litoral das provincias de Pontevedra e da Coruña. A partir das tres da tarde, a altura de onda pode acadar os 5 metros.

Desde ben cedo, ao aspecto do mar xa se lle ve o xeito. Durante a mañá as boias de Estaca de Bares, no norte, e de Cabo Silleiro, ao sur, rexistraron alturas de onda ao redor dos tres metros e medio. A marca irá aumentando progresivamente durante as próximas horas ata acadar os cinco metros que anuncia a previsión de aviso amarelo.

O mar ensina os dentes pero algúns aceptan o desafío. Como estes afeccionados á pesca portugueses, que toman as súas precaucións.

Para a xornada do domingo, o aviso virará a laranxa na costa coruñesa por ventos de forza 8 e ondas que poden acadar os 7 metros de altura.

Noticias web

02/03/2019