CRTVG

Buscar

Aviso amarelo no litoral por ondas de ata cinco metros

Publicado o 02/02/2019 14:27

A borrasca Helena deixou ondas de oito metros na Costa da Morte e refachos de vento de máis de cento vinte quilómetros por hora.

"Fisterra é a fin do mundo. Aquí os temporais son tremendos, pero xa estamos afeitos. Que lle imos facer!"
"O mar estivo moi mal, con esas ondas tan grandes, pero que queres?, é o que hai. Estamos no inverno. Ata agora estivo estupendamente, unha chulada, non che parece?", comentan os veciños en Fisterra.

O temporal deu paso a unha xornada relativamente tranquila. Para os mariñeiros, remata unha semana de parón obrigado pola meteoroloxía.

"Só fomos un día, só traballamos o luns e despois, en vista das previsións, xa trouxemos as redes e demos por rematada a xornada." "Non fomos ao mar en toda a semana, pero podiamos ter traballado aquí na ría. Non resto das rías seica non se puido traballar, pero aquí non tocou tanto. Non fomos por precaución."

Ata a medianoite seguirá activa a alerta amarela por mar de fondo do noroeste, con ondas de ata cinco metros.

Noticias web

02/02/2019