CRTVG

Buscar

Aviso amarelo nas provincias atlánticas por fortes treboadas con lóstregos e sarabia

Publicado o 24/09/2021 14:21

Meteogalicia mantén activos senllos avisos por treboadas nas provincias atlánticas. Temos por diante unhas sete horas en que as protagonistas van ser as treboadas que, puntualmente, chegarán acompañadas de lóstregos e sarabia.

Así que, se non podemos quedar na casa, non quedará outra que saír co paraugas. Este venres, será unha xornada de inestabilidade en que as temperaturas seguirán sendo boas, oscilarán entre os 17 e os 23 graos. A inestabilidade manterase mañá sábado en que haberá algún chuvasco pola mañá, pero pola tarde xa poderían abrirse claros.

Pontevedra é a outra provincia que Meteogalicia mantén en aviso amarelo pola previsión de treboadas fortes ata a próxima medianoite. Con todo, os expertos informan de que este outono vai ser máis cálido e seco do normal.

 

Noticias web

24/09/2021